Betis
Primeiro Equipo

O RC Celta quere facer historia na última xornada de LaLiga

RC Celta

O RC Celta afronta este sábado ante o Betis en Abanca Balaídos a última xornada do campionato de Liga. O equipo celeste xa sabe que finalizará en oitava posición na clasificación xa que tanto por arriba por abaixo os seus rivais están demasiado lonxe.

O que buscarán os xogadores de Eduardo Coudet é conseguir a súa sexta vitoria consecutiva en Primeira División, cifra que xamais alcanzou o club na máxima categoría do fútbol español. Actualmente suma cinco triunfos seguidos ante Levante, Osasuna, Vilarreal, Xetafe e FC Barcelona, mesmo rexistro que o conseguido na tempada 2000/01.

Para este encontro ante o equipo sevillano o adestrador arxentino terá as baixas de Sergio Álvarez, Rubén Branco, Jeison Murillo, Hugo Mallo, Facundo Ferreyra, Emre Mor e Jose Fontán.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas