O RC Celta conseguiu rascar un valioso punto ante o R. Valladolid (1-1) na última xogada do partido grazas a un cabezazo de Jeison Murillo. Os de Coudet, que se enfrontaron a un rival que tentou perder o máximo tempo posible, suman xa 30 puntos.
O equipo celeste tentou ser protagonista desde o asubío inicial, acumulando a posesión de balón e movendo o esférico con velocidade. Con todo, o cadro valisoletano defendíase con orde e non concedía moitos espazos aos locais.
As principais chegadas de perigo na primeira metade chegaron nos pés de Iago Aspas e Brais Méndez, aínda que os seus disparos foron rexeitados polos defensores visitantes. Tamén Hugo Mallo gozou dalgunha ocasión de perigo. Nestes primeiros 45 minutos Renato Tapia viu un cartón amarelo que lle impedirá estar no próximo partido.
Na segunda metade o partido fíxose máis áspero e o xogo interrompeuse en numerosas ocasións polas perdas de tempo do rival, que aproveitou a súa única ocasión en todo o partido para adiantarse no marcador a falta de vinte minutos para o final..
O RC Celta non se rendeu e conseguiu a igualada no último suspiro grazas a un sensacional cabezazo de Jeison Murillo tras asistencia de Iago Aspas. Un final con bo sabor de boca.
FICHA TÉCNICA
1 – RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Araujo (Aidoo, min 65), Murillo, Aarón Martín (Ferreyra, min 72), Tapia, Denis (Jordan, min 55) Suárez, Solari (Baeza, min 55), Brais Méndez, Iago Aspas, Santi Mina
1 -R. Valladolid: Roberto, Janko (El Yamiq, min 79), Bruno, Joaquín, Olaza, Óscar Plano, Roque Mesa, Alcaraz (Nacho, min 86), Orellana (Fede, min 86), Weissman (Luis Pérez, min 79), Sergi Guardiola (Kodro, min 82)
Goles: 0-1 Orellana, min 70; 1-1 Murillo, min 92;
Árbitro: Medié Jiménez (Catalán). Amoestou a Tapia, Ferreyra (RC Celta) e a Weissman, Guardiola, Olaza, Jaime, El Yamiq (R. Valladolid)
Campo: Abanca Balaídos