
Álvaro Núñez sofre unha rotura fibrilar no aductor da súa perna esquerda, tal e como confirmou a resonancia magnética que se lle realizou nas últimas horas no Hospital Ribera Povisa.
O xogador celeste lesionouse durante o adestramento de onte na Cidade Deportiva Afouteza, tras notar unha dor aguda na zona.
Agora xa iniciou o tratamento de recuperación correspondente coa supervisión dos servizos médicos do club quen estima unha baixa de ao redor de catro semanas.