
Pablo Durán someteuse esta mañá a unha intervención cirúrxica para tratar a inestabilidade no ombro esquerdo que lle ocasionara molestias durante a tempada. A cirurxía, pendente ata a finalización da competición, realizouse con éxito no Hospital Fremap de Vigo.
A operación foi levada a cabo polo Dr. Domingo Carpintero, xefe de servizos do centro e especialista en cirurxía de ombro, coa colaboración do Dr. Cota.
O canteirán iniciará nos próximos días o proceso de rehabilitación. Estímase un tempo de baixa de ao redor dos tres meses.
O club deséxalle unha pronta e levadía recuperación.