20221227_XEG_Aspas_Cabecera
Primeiro Equipo

Primeiro Premio Estrella Galicia da tempada para Iago Aspas: “Espero que cheguen moitos máis”

RC Celta

O seu nome non podía faltar no palmarés dos Premios Estrella Galicia desta tempada. Iago Aspas foi elixido pola afección celeste como o mellor xogador do RC Celta durante o pasado mes de novembro, no que anotou ante o CA Osasuna. O canteirán mostrouse agradecido á afección e a Estrella Galicia por este premio, esperando que “veñan moitos máis no futuro”.

O dianteiro celeste destacou ao Sevilla FC como un “rival idóneo” para regresar á competición ligueira: “Será un partido bonito diante da nosa xente que esperamos sacar adiante”. Un partido ante o seu exequipo que tamén supoñerá o partido número cen de Aspas na elite: “Quen mo diría cando debutei contra o Málaga. Esperamos que veña acompañado da vitoria”.

“Sempre se nota o apoio da xente”, destacou o canteirán celeste nun partido que supoñerá o inicio do noso Centenario, esperando que “veña un ano precioso”.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas