MINIATURA RESUMEN CABECERA WEB (7)
Primeiro Equipo

RC Celta 1-2 FC Barcelona: resumo, resultado e goles do partido de LALIGA EA SPORTS

RC Celta

O RC Celta perdeu ante o FC Barcelona nun intenso choque que culminou cun 1-2. A pesar da valente actuación e o incansable esforzo despregados polos celestes, os visitantes lograron adiantarse cun gol de Lewandowski xusto antes do descanso. A esperanza renaceu en Abanca Balaídos, no minuto 46, cando Iago Aspas devolveu as táboas ao marcador anotando o seu tanto 200 coa camiseta celeste. Con todo, o encontro terminou cun desenlace cruel cando, no minuto 93, un penalti na área local outorgou a vitoria ao cadro azulgrana.

O RC Celta enfócase xa no seu próximo partido fronte ao Cádiz CF que terá lugar o 25 de febreiro ás 14:00h no Nuevo Mirandilla.

FICHA TÉCNICA:

RC Celta: Guaita; Mingueza (Kevin, min. 85), Starfelt, Carlos Domínguez (Unai Núñez, min. 46), Ristic (Manu Sánchez, min. 58); Allende (Swedberg, min. 77), Tapia, Beltrán, De la Torre; Aspas, Larsen (Douvikas, min. 85).

FC Barcelona: Ter Stegen; Kounde, Araujo (Íñigo Martínez, min 46), Cubarsí, Cancelo; De Jong, Christensen (Gündogan, min. 57), Pedri (Fermín, min. 75); Yamal (Romeu, min. 99), Vitor Roque (Raphinha, min. 57), Lewandowski.

Goles: 0-1, min.44: Lewandowski. 1-1, min.46: Aspas. 1-2, min.97: Lewandowski, de penalti.

Árbitro: Pulido Santana (comité canario). Amoestou a Allende (min. 15), Christensen (min. 38), De Jong (min. 93), Ter Stegen (min. 94) e Íñigo Martínez (min. 100).

Incidencias: Encontro correspondente á vixésima quinta xornada de LALIGA EA SPORTS disputado no estadio Abanca Balaídos ante 23.096 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Rafael Álvarez Alarcia, exportero do Celta na década dos 70.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas