20220507_Partido_RCCeltaVsDeportivoAlavés_3
Primeiro Equipo

O RC Celta xogará por undécima tempada consecutiva en LaLiga tras derrotar ao Deportivo Alavés (4-0)

RC Celta

O RC Celta derrotou por 4-0 ao Deportivo Alavés en Abanca Balaídos no partido correspondente á trixésimo quinta xornada de LaLiga. Unha vitoria que asegura, por undécima tempada consecutiva, a presenza do conxunto vigués na máxima categoría.
O partido non podía empezar mellor para os de Eduardo Coudet, cun gol de Galhardo para abrir a lata. Unha primeira metade na que Iago Aspas ampliaba a renda local para ir ao descanso con 2-0 no marcador.
O Celta non tardaría en sentenciar tras a continuación cun gol de Cervi ante un Alavés que quedaba en inferioridade numérica tras a expulsión de Ximo Navarro por vermella directa. Acto seguido, os celestes facían o 4-0, que ao cabo sería definitivo, por medio de Iago Aspas.
O Celta durmirá este sábado en undécima posición con 43 puntos tras 33 xornadas de competición. Despois deste encontro, os celestes mediranse ao FC Barcelona o vindeiro martes 10 maio no Camp Nou ás 21:30 na trixésimo sexta xornada de LaLiga.

FICHA TÉCNICA

4 – RC CELTA: Dituro; Kevin, Aidoo, Araújo, Javi Galán; Fran Beltrán (Tapia, min. 68), Brais Méndez (Solari, min. 68), Denis Suárez (Gabri Veiga, min. 71), Cervi (Nolito, min. 73); Galhardo, Iago Aspas (Orbelín Pineda, min. 68).

0 – DEPORTIVO ALAVÉS: Pacheco; Tenaglia (Martín, min. 46), Laguardia, Lejeune, Ximo Navarro; Loum (Tomás Mendes, min. 82), Tomás Pina (Pere Pons, min. 62); Édgar Méndez, Toni Moya (Manu Vallejo), Luis Rioja (Javi López, min. 68); Joselu.

Goles: Galhardo (1-0, min. 5); Iago Aspas (2-0, min. 33); Cervi (3-0, min. 56); Iago Aspas (4-0, min. 66).

Árbitro: Cuadra Fernández, do colexio madrileño. Amonestou a Cervi, do RC Celta, e a Loum, Tomás Pina e Édgar Méndez, do Deportivo Alavés. Ximo Navarro, do Deportivo Alavés, foi expulsado por vermella directa.

Campo: Abanca Balaídos, 10567 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas