premio renato estrella web horizontal
Primeiro Equipo

Renato Tapia, Premio Xogador Estrella Galicia do mes de outubro

RC Celta

Renato Tapia recibiu na Madroa o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de outubro polas súas destacadas actuacións neste inicio de tempada. O centrocampista peruano obtivo o 45% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Iago Aspas cun 35% dos votos e de Joseph Aidoo cun 20%.

Tapia mostrou a súa ledicia ao recoller o seu primeiro premio Estrela Galicia como xogador do RC Celta e agradeceu o apoio dos afeccionados. “Moitísimas grazas á afección celtista, á xente de Perú, á miña familia e á xente que está ao meu lado por este premio “, apuntou.

De face ao próximo partido de LaLiga ante a Granada, onde o RC Celta quere conseguir unha vitoria para subir postos na clasificación, o xogador peruano destacou a importancia do mesmo. “É un partido difícil. Van vir de xogar Europa League e esperemos poder aproveitalo, facer o fútbol que nós queremos e sobre todo e o máis importante que é sacar un bo resultado”, sinalou.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas