IMG_20260903_233109_731-2
Novas primeiro equipo

Reparto de puntos en Anoeta | Real Sociedad 0-0 Celta

RC Celta

O Celta sumou un punto de mérito na súa visita á Real Sociedad, tras empatar sen goles en Anoeta.

Na primeira metade, os celestes mantivéronse firmes atrás e sostiveron o marcador a cero malia o maior dominio do balón por parte do conxunto local, chegando ao descanso co empate intacto.

Tras a reanudación, o equipo de Claudio Giráldez deu un paso adiante e gañou iniciativa cos cambios desde o banco, aínda que o gol non chegou e o marcador mantívose así ata o final.

Malia a falta de goles, o encontro destacou pola presenza de Andrés Antañón no XI titular e polo debut oficial de Couhaib Driouech coa camiseta celeste.

O Celta suma así un punto que sabe a moito e centra xa a súa atención na próxima cita en LaLiga EA Sports, que será o luns 7 de setembro ante o Getafe CF, coa firme intención de seguir sumando.

FICHA TÉCNICA:

0 – Real Sociedad: Álex Remiro; Jon Aramburu, Igor Zubeldia, Jon Martín, Sergio Gómez; Yangel Herrera (Jon Gorrotxategi, min. 61), Beñat Turrientes (Carlos Soler, min. 88); Takefusa Kubo (Luka Sučić, min. 61), Mikel Oyarzabal, Ander Barrenetxea (Alex Marchal, min. 71); Orri Óskarsson (Gonçalo Guedes, min. 71).

0 – Celta: Ionuț Radu; Marcos Alonso, Yoel Lago, Álvaro Núñez (Javi Galán, min. 84); Sergio Carreira, Ilaix Moriba, Miguel Román, Javi Rueda (Javi Rodríguez, min. 84); Williot Swedberg (Iago Aspas, min. 63), Ferran Jutglà (Couhaib Driouech, min. 69), Andrés Antañón (Pablo Durán, min. 63).

Árbitro: Víctor García Verdura (Comité catalán). Amonestó a Yoel Lago (min. 52), Marcos Alonso (min. 57) y Couhaib Driouech (min. 79) por parte do Celta, e a Yangel Herrera (min. 22) e Luka Sučić (min. 81) por parte da Real Sociedad.

Incidencias: Encontro correspondente á adiantada Xornada 6 de LaLiga EA Sports disputado no Reale Arena ante 30.364 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas