20230407_MiguelRodríguez_3
Primeiro Equipo

O canteirán Miguel Rodríguez estréase como goleador celeste en LaLiga

RC Celta

O partido ante o Sevilla FC deixou unha nota positiva en clave canteira. Miguel Rodríguez, que saltou desde o banco no minuto 76 de partido, anotou o seu primeiro gol como celeste na máxima categoría. O canteirán, tras asistencia de Larsen, facía o 2-1 o último minuto do tempo regulamentario.

O gol de Miguel abriu o camiño da igualada pois, xa no tempo de desconto, Paciência poñía o 2-2 definitivo. Un partido que supón un paso máis na traxectoria do futbolista do Celta B, sendo ademais o futbolista do filial menor de vinte anos con máis goles na categoría de bronce.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas