20230407_SevillaFCVsRCCelta_3
Primeiro Equipo

O RC Celta un punto nun final frenético en Sevilla (2-2)

RC Celta

O RC Celta alcanza o seu sétimo partido invicto tras empatar (2-2) ante o Sevilla FC no Ramón Sánchez-Pizjuán no partido correspondente á xornada 28 de LaLiga. Un partido no que os celestes tiraron de fe e paixón para igualar a contenda nuns minutos finais tremendamente emocionantes.

Tras uns minutos de moita competencia e igualdade, o Sevilla quedaba en inferioridade numérica aos vinte minutos de partido tras a expulsión de Gueye por dobre amarela. Unha expulsión que trasladou o mando do esférico aos celestes que, con todo, vían como os locais se adiantaban a balón parado por medio de En-Nesyri preto do descanso. Un gol que estivo a piques de ser neutralizado acto seguido por Tapia na última acción do primeiro acto.

Unha tónica de dominio celeste que se mantivo no segundo tempo cunha nova ocasión clara para os de Carvalhal; nesta ocasión, Paciência atopábase coa madeira. Xa nos dez últimos minutos de choque, o Sevilla aumentaba a súa vantaxe cun gol de Acuña desde fóra da área.

Con pouco tempo por diante chegaría o gol de Miguel Rodríguez para dar fe a un conxunto vigués que, sen nada que perder, conseguiu o empate cunha remate de cabeza no tempo de desconto. O portugués mesmo puido anotar o tanto da vitoria, pero o seu remate atallaríao Dmitrović.

Tras este empate, o RC Celta dorme en novena posición con 36 puntos. Os celestes recibirán o vindeiro luns 17 de abril (21:00) ao RCD Mallorca en Abanca Balaídos.

FICHA TÉCNICA

2 – SEVILLA FC: Dmitrović; Jesús Navas, Badé, Gudelj, Acuña; Fernando, Gueye; Suso (Montiel, min. 73), Lamela (Óliver Torres, min. 61), Bryan Gil (Alex Telles, min. 77); En-Nesyri (Rafa Mir, min. 77).

2 – RC CELTA: Iván Villar; Hugo Mallo, Aidoo, Unai Núñez, Javi Galán; Carles Pérez (Miguel Rodríguez, min. 76), Fran Beltrán (Óscar Rodríguez, min. 76), Renato Tapia (Paciência, min. 61), Cervi (Luca de la Torre, min. 46); Iago Aspas, Seferović (Strand Larsen, min. 76).

Goles: En-Nesyri (1-0, min. 43); Acuña (2-0, min. 81); Miguel Rodríguez (2-1, min. 89); Paciência (2-2, min. 90+3).

Árbitro: Pizarro Gómez, do colexio madrileño. Amonestou a Gueye, En-Nesyri, Jesús Navas, Alex Telles e Montiel, do Sevilla FC, e a Carles Pérez e Cervi, do RC Celta. Expulsou a Gueye por dobre amarela e a Acuña, do Sevilla FC.

Campo: Ramón Sánchez-Pizjuán.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas