O gran momento de forma de Sofiane Boufal continúa sumando recoñecementos. O extremo celeste foi incluido no ‘Equipo da Semana’ do videoxogo FIFA19 de EA Sports despois da súa fantástica actuación do pasado sábado ante o Girona, cando repartiu unha asistencia a Iago Aspas para abrir o marcador e anotou o segundo e definitivo gol do partido.
O xogador marroquí únese así a Brais Méndez, Hugo Mallo e Iago Aspas (en tres ocasiones) como os xogadores do RC Celta presentes no ‘Equipo da Semana’ esta tempada.