solari clinica 160421
Primeiro Equipo

Solari recibe a alta e Ferreyra estrea máscara personalizada realizada na Clínica do RC Celta

RC Celta

Importantes novidades no parte médico do RC Celta tralo adestramento desta tarde no Estadio de Abanca Balaídos. O atacante Augusto Solari recibiu a alta médica e estará dispoñible para o partido deste domingo ante o Cádiz.

 

Ademais, o dianteiro Facundo Ferreyra adestrouse con normalidade co grupo lucindo unha máscara personalizada realizada e diseñada na Clínica do RC Celta, onde estivo nas últimas horas para efectuar medicións e así garantir o axuste perfecto deste elemento protector.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas