Primeiro Equipo

UEL | Clasificados! O Celta estará no bombo de dezaseisavos da Europa League

RC Celta

uel081216.jpg

 

Día histórico para a familia celeste. O RC Celta venceu ao Panathinaikos na xornada decisiva da UEFA Europa League e clasifícase como segundo de grupo aos dezaseisavos de final da competición. Os celestes impuxéronse por 0-2 ao equipo de Atenas e, co empate a uns de Standard e Ajax, continúan adiante co seu soño europeo.

 

O partido non puido comezar mellor. Corría o minuto 3 cando Hugo Mallo cabalgou a banda dereita e puxo un balón aéreo perfecto para que John Guidetti cabecease a gol. A alegría invadiu ao equipo de Berizzo, que non malgastou un segundo e correu a levar o esférico ao centro do campo conscientes de que o seu resultado non era o único do que dependían. Mediado o primeiro tempo chegaron boas novas dende Bélxica: o Ajax adiantábase no marcador e o Celta avanzaba cara á clasificación.

 

A superioridade dos vigueses foi sobresaliente ante un rival que apenas inquietou a portaría de Rubén. Os locais tiveron os seus mellores minutos no arranque da segunda parte. O Celta acougou o choque, recuperou o dominio do balón e deu un paso á fronte para pechar o partido. A quince minutos do final Guidetti caeu na área ateniense, un claro penalti que o árbitro non dubidou en sinalar. Orellana foi o encargado de executar a pena máxima que supuxo o definitivo 0-2. O empate do Standard en Lieja non frustrou a festa céltica. O RC Celta supera a Fase de Grupos e o vindeiro luns coñecerá ao seu rival de dezaseisavos de final. Sigamos soñando!

 

FICHA TÉCNICA

0-PANATHINAIKOS: Still, Mesto, Moledo, Ivanov, Chouchoumis, M’Poku, Zeca, Ledo, Wakaso, Rinaldi (Ibarbo, min.59) e Villafáñez (Leto, min.69).

 

2-CELTA: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja, Tucu Hernández, Wass (Marcelo Díaz, min.62), Orellana (Sisto, min.82), Bongonda e Guidetti (Sergi Gómez, min.90).

 

Goles: 0-1, Guidetti, min.3; 0-2, Orellana, min.76 (de penalti).

 

Árbitro: Andris Treimanis (Letonia). Amonestou a Lod e Wakaso (Panathinaikos).

 

Campo: Apostolos Nikolaidis (uns 5.000 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas