bar
Primeiro Equipo

Un brillante RC Celta consegue a vitoria no Camp Nou (1-2)

RC Celta

O RC Celta conseguiu un meritorio empate ante o FC Barcelona (1-1), a quinta seguida, que certifica que o equipo vigués acabe LaLiga na oitava posición. Os de Coudet recibirán ao Betis o vindeiro domingo para pechar a tempada.

O partido comezou cun Barcelona que se fixo dono do balón e un Celta que se defendía con orde e sen sufrir. A pesar das chegadas locais, os xogadores celestes mostraron a súa fortaleza e Iván Villar apenas tivo que intervir nos primeiros minutos.

Sen apenas ocasións de perigo, foi Messi o que adiantou ao conxunto azulgrana ao rematar de cabeza un bo centro de Sergio Busquets. O gol non cambiou a idea de xogo dos homes de Coudet, que seguiron mostrando orde en busca dalgún contragolpe. Nun deles chegou o empate de Santi Mina cun sensacional disparo desde fóra da área ante o que nada puido facer Ter Stegen.

A segunda metade seguiu a mesma dinámica e aínda que foi o equipo local o que tiña a posesión de balón, os xogadores vigueses apenas sufriron as acometidas rivais. O que se probou ao porteiro foi Denis Suárez, que obrigou a Ter Stegen a realizar unha gran parada.

No tramo final, Araújo primeiro e Solari despois puideron dar a vitoria ao RC Celta pero os seus remates foron detidos polo porteiro alemán. Con todo, Santi Mina recolleu un balón morto case sobre a bucina e anotou o seu segundo gol do día para certificar unha gran vitoria celeste.

 

FICHA TÉCNICA

1 – FC Barcelona: Ter Stegen, Araujo, Piqué (Dest, min 63), Lenglet, Alba, Busquets, Pedri (Riqui, min 46), Moriba (Pjanic, min 85), Griezmann (Martin, min 70), Dembele (Trincao, min 70) Messi

2 – RC Celta: Iván Villar, Kevin, Carlos, Araújo, Aarón Martín, Fran Beltrán (Hugo Sotelo, min 92), Denis Suárez, Brais Méndez, Nolito (Solari, min 68), Aspas (Baeza, min 77), Santi Mina

Goles: 1-0 Messi, min 27; 1-1 Santi Mina, min 38: 1-2 Mina, min 89;

Árbitro: De Burgos Bengoetxea (vasco). Amoestou a Riqui, Lenglet (dobre amarela) (FC Barcelona) y a Carlos (RC Celta)

Campo: Nou Camp

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas