sev-hor
Hemeroteca primer equipo gl

Un gran RC Celta non pode ante o Sevilla (3-4)

RC Celta

O RC Celta perdeu ante o Sevilla (3-4) nun auténtico partidazo no que os xogadores locais mereceron moito máis. A puntaría sevillista decantou o encontro.

O inicio de partido por parte do RC Celta foi sobresaliente. Valente con balón e agresivo na recuperación, os xogadores celestes fixéronse pronto co control. A mala sorte propiciou que o Sevilla se adiantase no marcador tras un saque de esquina que rematou Kounde.

O gol espoleó aos futbolistas de Eduardo Coudet, que se envorcaron contra a portaría rival. Iago Aspas puxo a igualada desde o once metros tras un claro penalti sobre Santi Mina, que pouco despois tivo que retirarse lesionado.

Co empate no marcador, o RC Celta foi a por máis e nunha contra vertixinosa iniciada por Aidoo e seguida por Denis Suárez permitiu a Iago Aspas plantarse só ante Bono e bater ao porteiro sevillista para darlle a volta ao resultado. A alegría durou pouco e pasada a media hora Fernando puxo de novo o empate tras desviar o seu disparo un defensor local.

De novo o conxunto celeste volveu sacar toda a súa caste e o seu bo fútbol e pouco antes do descanso bateu de novo a portaría sevillista tras unha gran asistencia de Denis Suárez que definiu Brais Méndez cunha xenial vaselina.

Na segunda metade o partido transcorreu con tranquilidade ata que Rakitic aproveitou un rexeite na área para pór de novo a igualada. O Celta non se conformou co empate e buscou levar o tres puntos, pero nun contragolpe a pouco do final Papu Gómez puxo o 3-4 definitivo.

 

FICHA TÉCNICA

3 – RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Aidoo, Fontán, Aarón, Tapia, Denis Suárez, Brais Méndez, Nolito (Baeza, min 85), Iago Aspas, Santi Mina (Facundo, min 26, (Beltrán, min 82))

4 – Sevilla: Bono, Jesús Navas (Munir, min 85), Kounde, Diego Carlos, Acuña, Fernando, Rakitic (Gudelj, min 85), Joan Jordán (Oliver, min 63), Ocampos, Suso (Papu, min 66), En Nesyri (De Jong, min 63)

Goles: 0-1 Kounde, min 7; 1-1 Aspas, min 20; 2-1 Aspas, min 24; 2-2 Fernando, min 35; 3-2 Brais, min 43; 3-3 Rakitic, min 60; 3-4 Papu, min 75;

Árbitro: Hernández Hernández (Canarias). Amoestou a Aspas, Brais, Hugo (RC Celta) e a Kounde (Sevilla)

Campo: Abanca Balaídos

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca primer equipo gl Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas