Primeiro Equipo

Un mal segundo tempo condena a un prometedor RC Celta no Memorial Quinocho (1-2)

RC Celta

O XXIII Trofeo Memorial Quinocho estivo cheo de emocións. Á tradicional homenaxe ao eterno xogador e xerente Joaquín Fernández Santomé ‘Quinocho’ en forma de partido, engadiuse a presentación oficial do primeiro equipo e das categorías inferiores e un tributo sorpresa a Hugo Mallo. O capitán celeste, que recentemente renovou co RC Celta ata 2023, recibiu de mans do mítico Manolo ‘Gran Capitán’ un brazalete e camiseta conmemorativos.

Xa no deportivo, o equipo de Antonio Mohamed estreouse ante a afección celtista asinando un gran primeiro tempo, no que foi netamente superior ao Mainz 05. Os celestes adiantáronse cun tanto de Dennis Eckert no minuto quince, tras unha gran xogada combinativa con Brais Méndez e Iago Aspas. Ao fío do descanso, un claro penalti de Araujo supuxo o empate alemán.

Na segunda parte o RC Celta baixou unha marcha, algo que aproveitou o conxunto visitante para imporse. Sergio luciuse na portaría olívica, pero finalmente, o Mainz 05 logrou perforar a rede céltica. De Blasis marcou o definitivo 1-2.

O choque serviu para que o internacional marroquí Sofiane Boufal debutase coa celeste. O hábil atacante entrou ao campo no segundo tempo e deixou varios detalles de calidade.

FICHA TÉCNICA

1-RC CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Juncà, Lobotka, Beltrán, Brais Méndez, Iago Aspas, Sisto, Dennis. Tamén xogaron: Emre Mor, Boufal, Jozabed, Costas, Beauvue, Mazán, Hjulsager.

2-MAINZ: Müller, Aarón, Mateta, Maxim, Kunde, Bell, Brosinski, Niakhaté, Onisiwo, Gbamin, De Blasis.

Goles: Dennis (1-0, min.15); Brosinski (1-1, min.41, de penalti); De Blasis (1-2, min.54).

Árbitro: Iglesias Villanueva, do comité galego. Amonestou a Emre Mor (Celta), Maxim e Bell (Mainz).

Campo: ABANCA Balaídos (7.587 espectadores).

Observaciones: Juncà retirouse lesionado e o luns se realizarán probas médicas para coñecer o alcance da lesión.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas