BANNER WEB 1300X400
Novas primeiro equipo

Un novo puntal para a defensa: Óscar Mingueza será celeste ata 2026

RC Celta

Novo reforzo de entidade para a liña defensiva do  RC Celta. O defensa  internacional Óscar Mingueza, de 23 anos de idade, únese ao ilusionante proxecto deportivo celeste para as catro próximas tempadas. Mingueza, procedente do FC Barcelona, roza o medio centenar de partidos en Primeira División nas filas do cadro culé, co que tamén disputou 10 partidos de Champions 2 de Europa League e co que se proclamou campión da Copa do Rei.

O defensor catalán formouse nas categorías inferiores do Barcelona e, ademais de debutar na Selección Española absoluta, obtivo a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Tokio co combinado nacional e formou parte tamén da Sub-21.

Mingueza pode ocupar con solvencia varias posicións da liña defensiva e destaca ademais de por a súa polivalencia, polo seu bo manexo do balón, velocidade e solidez na marca.

É o segundo reforzo para a zaga celeste tras a chegada do central Unai Núñez e o quinto do equipo no presente mercado de fichaxes.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo

Noticias recomendadas