oviedo
Primeiro Equipo

Un sólido RC Celta pasa de rolda na Copa de SM o Rei (0-5)

RC Celta

O RC Celta clasificouse para a seguinte rolda da Copa de SM o Rei tras superar ao conxunto asturiano da UD Llanera (0-2). Eduardo Coudet introduciu numerosos cambios na aliñación e deu entrada a tres xogadores do filial.

Desde o comezo do encontro o conxunto celeste fíxose co control do xogo e acumulou gran parte da posesión de balón, chegando en máis de media ducia de ocasións á portaría rival. Unha combinación entre Denis e Carreira acabou transformándoa en gol Lautaro de León ao bordo do descanso.

Na segunda metade chegou o vendaval de goles. Nolito por partida dobre, Emre Mor e Hugo Mallo puxeron terra polo medio no marcador e sentenciaron o pase do RC Celta á seguinte eliminatoria.

 

FICHA TÉCNICA

0 – UD Llanera: Paulino, Marcos, Jorge, Pantiga, Quero (Carlos, min 31), Matías, Enol, Lucho (Santi, min 73), Adrián, Dani, Guiller (Berto, min 46)

5 – RC Celta: Iván Villar, Carreira, Aidoo, Murillo, Fontán, Okay, Beltrán (Tapia, min 72), Denis, Brais (Hugo, min 70), Emre Mor (Baeza, min 63), Lautaro (Aspas, min 63)

Goles: 0-1 Lautaro, min 40; 0-2 Nolito, min 54; 0-3 Emre, min 59; 0-4 Nolito, min 75; Hugo Mallo, min 83;

Campo: Carlos Trtiere

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas