O RC Celta fortalece a parcela central da súa defensa coa incorporación dun futbolista internacional e de contrastada experiencia. Unai Núñez, procedente do Athletic Club, converteuse na cuarta fichaxe do cadro vigués para a ilusionante tempada 2022/2023.
O central, de 25 anos e 1,86 metros de altura, acumula xa 116 partidos en Primeira División e un total de 143 co conxunto bilbaíno nas distintas competicións. É ademais internacional absoluto coa Selección Española e campión de Europa co combinado nacional sub-21.
Unai volve, de algún maneira, ás súas orixes, xa que o seu pai, Abel, un emigrante galego nado en Taboada (Lugo), foi un destacado central do Barakaldo a principios dos anos 90.
Unai Núñez, defensa solvente, sólido e con gran manexo de balón, chega cedido para a presente tempada. A cesión poderá ser prorrogada para a campaña 2023/24 e no caso de que isto suceda haberá compra obrigatoria para o RC Celta.