cronica-valencia-celta
Primeiro Equipo

O Valencia CF castiga ao RC Celta en Mestalla (3-0)

RC Celta

O RC Celta non puido sumar ante o Valencia CF na súa visita a Mestalla. Un duelo parello durante os primeiros minutos que comezou a complicarse para os celestes co gol de Samu Castillejo no ’37.

Os de Coudet marcharon ao descanso perdendo pola mínima, pero saíron do vestiario dispostos a comerse o campo nos seguintes 45 minutos. Non baixaron os brazos, pero unha entrada de Cervi sobre Thierry Rendall, no ’59, condenaba ao equipo visitante a quedar cun menos nun final sufrido para os vigueses.

Xa no último tramo, Marcos André e André Almeida serían os encargados sentenciar o encontro con goles nos minutos ’82 e ’94 respectivamente. O RC Celta afronta agora un parón de seleccións antes do seu seguinte choque, o vindeiro domingo 2 de outubro (16:15h) ante o Real Betis Balompé en Abanca Balaídos.

 

FICHA TÉCNICA

Valencia CF: Mamardashvili; Thierry, Cömert (Paulista, 84′), Diakhaby, Gayà (Lato, 84′): Hugo Guillamón, Ilaix Moriba (Nico González, 67′), Almeida; Samuel Lino, Samu Castillejo (Kluivert, 71′) y Cavani (Marcos André, 71′).

RC Celta: Marchesín; Hugo Mallo, Aidoo, Unai Núñez, Galán; Beltrán (Veiga, 60′), Tapia, Óscar (Carles Pérez, 60′), Cervi, Aspas y Larsen (De la Torre, 84′).

Árbitro: González Fuertes (Comité asturiano). TA: Hugo Guillamón, Samuel Lino y Samu Castillejo | Fran Beltrán y Veiga. TR: Cervi.

Goles: 1-0, min. 37, Samu Castillejo. 2-0, min. 82, Marcos André. 3-0, min. 94, André Almeida.

Incidencias: Tarxeta vermella a Franco Cervi na segunda metade do partido correspondente a sexta xornada da Liga Santander.

Campo: Mestalla.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas