20220521_Partido_ValenciaCFVsRCCelta_3
Primeiro Equipo

O RC Celta despide LaLiga 21/22 con derrota en Mestalla ante o Valencia CF (2-0)

RC Celta

O RC Celta caeu derrotado por 2-0 ante o Valencia CF en Mestalla no partido correspondente á última xornada de LaLiga 21/22. O conxunto che, que se adiantou no marcador na primeira metade por medio de Maxi Gómez, aumentou a súa vantaxe cun gol na segunda metade.
O partido, que comezaba con moita igualdade e poucas ocasións, desnivelábase en favor dos locais cun gol de Maxi Gómez pasado o ecuador do primeiro tempo. Unha primeira metade na que o conxunto vigués estivo preto de empatar cun disparo de Nolito tras asistencia de Galhardo.
Na segunda metade, o Valencia aumentaba a súa vantaxe cun gol en propia porta de Araújo ao tentar despexar un centro de Maxi Gómez para facer o 2-0, que ao cabo sería definitivo. Desta maneira, o Celta pecha a súa décima tempada consecutiva na máxima categoría en undécima posición con 46 puntos.

FICHA TÉCNICA

2 – VALENCIA CF: Doménech; Foulquier, Paulista, Dikhaby (Račić, min. 83); Gayà; Thierry (Mario Domínguez, min. 67), Carlos Soler, Ilaix, Bryan Gil (Cheryshev, min. 46); Maxi Gómez (Guedes, min. 67), Marcos André (Musah, min. 77).

0 – RC CELTA: Dituro; Kevin (Murillo, min. 69), Aidoo, Araújo, Javi Galán; Denis Suárez, Solari (Gabri Veiga, min. 51), Brais Méndez (José Fontán, min. 84), Nolito (Orbelín, min. 69); Galhardo, Iago Aspas.

Goles: Maxi Gómez (1-0, min. 27); Araújo, p.p. (2-0, min. 60).

Árbitro: Cordero Vega, do colexio cántabro. Amonestou a Foulquier y Thierry, do Valencia CF, e a Javi Galán, Brais Méndez e Galhardo, do RC Celta.

Campo: Mestalla.

Incidencias: Os xogadores do RC Celta saltaron ao terreo de xogo co segundo equipamento da tempada 2022/2023.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas