20250103_EntrenamientoBalaídos_PuertasAbiertas_CarlosDomínguez, ÓscarMingueza
Novas primeiro equipo

Este Xoves Santo… Adestramento a portas abertas en Abanca Balaídos!

RC Celta

Este Xoves Santo, 17 de abril, o RC Celta abrirá as portas do templo celeste para vivir unha xornada moi especial. En agradecemento polo apoio incondicional durante toda a tempada e por eses desprazamentos masivos que tinguiron de celeste cada estadio, o primeiro equipo levará a cabo un adestramento a portas abertas en Abanca Balaídos.

A sesión preparatoria, enmarcada dentro do importante encontro ante o FC Barcelona do próximo sábado 19 ás 16:15h en Montjuic, comezará ás 11:00 horas. Poderase acceder ao estadio desde as 10:30 horas a través da Bancada de Tribuna Alta e Baixa, e Marcador Baixo.

Unha oportunidade perfecta, aproveitando a xornada festiva, para vivir o celtismo en familia, animar de preto aos nosos e demostrar, unha vez máis, que a unión entre equipo e afección é máis forte que nunca.

Esperámosvos en Abanca Balaídos, celtistas!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas