aficion-abanca-balaidos-celta-vigo-huesca-liga-2018-2019.jpg
Primeiro Equipo

Xuntos somos máis fortes

RC Celta

Xornada clave para o RC Celta. Este sábado recibe a un Levante situado tres puntos por encima, décimo cuarto na táboa. Xornada clave na que os rivais directos do equipo de Miguel Cardoso afrontan partidos de máxima dificultade.

A afección celeste non só é consciente da importancia de gañar o encontro ante o Levante, tamén o é do enorme peso que para a consecución deste obxectivo ten o seu apoio.

É por iso que a totalidade das peñas celestes alentarán desde o primeiro instante ao conxunto celeste e a afección empuxará ao equipo cara á vitoria. Así ocorreu no anterior partido en Abanca Balaídos ante o Sevilla, no que chegou un triunfo necesario tras un longo periodo de derrotas coa bancada salvagardando a valiosa vitoria.

Demostrouse en numerosas ocasións: xuntos somos máis fortes, xuntos non hai nada imposible. Mañá volverá quedar patente.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas