
Yoel Lago xa é xogador do primeiro equipo do Celta para todos os efectos. O canteirán celeste, que xa acumula dúas tempadas en dinámica do primeiro equipo, lucirá o dorsal 18.
Durante a pasada pretemporada, Yoel foi o segundo xogador de campo con máis minutos, confirmando así a confianza do corpo técnico nun futbolista que leva anos crecendo nas categorías inferiores do club.
O defensor debutou en Primeira División na última xornada da tempada 2023/24, ante o Valencia en Abanca Balaídos. Un curso despois compaxinou a súa participación co Celta Fortuna, antes de quedarse definitivamente no primeiro plantel no verán de 2025.
Natural de Mondariz, o curso pasado defendeu o escudo celeste na UEFA Europa League onde sumou a súa primeira experiencia continental, poñendo así unha guinda á súa longa traxectoria na Canteira.
Agora, ese proceso complétase. Yoel Lago pasa a formar parte de pleno dereito do primeiro equipo celeste nunha tempada na que o Celta volverá percorrer Europa.
Parabéns, canteirán!