Primeiro Equipo

Yoel xogará no Valencia a próxima tempada

RC Celta

yoelcolumna.jpg

Acordo entre os clubs para a cesión, con obrigación de compra, dos dereitos federativos do porteiro

 

O porteiro Yoel xogará a próxima tempada no Valencia Club de Fútbol unha vez pechado o acordo para a cesión, con obrigación de compra dos dereitos federativos do xogador ao conxunto valencianista, ao que se incorporará nas próximas horas. O RC Celta quere expresarlle a Yoel o seu máis sincero agradecemento pola súa profesionalidade, comportamento e entrega durante a súa longa etapa no club.

 

Formado na canteira do Celta, Yoel Rodríguez chegou ao primeiro equipo tras destacar no filial celeste. O seu debut co RC Celta produciuse na Copa do Rei de 2009 fronte o Real Unión e uns meses despois, no verán de 2010, foi convocado pola selección española Sub-21. Yoel tivo un papel moi importante na tempada 2011/2012, a do retorno do equipo vigués a Primeira División, e o seu rendemento na última campaña foi sobresaliente

 

Ademais de destacar polas súas calidades como porteiro, Yoel caracterizouse pola súa extrema profesionalidade e total entrega en todos os anos que vestiu a camiseta céltica. O RC Celta desexa ao gardameta vigués o maior dos éxitos, tanto no profesional como no persoal e, do mesmo xeito que todo o celtismo, gardará un cariñoso e inesquecible recordo do seu paso polo club.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas