NOTICIA_DESTACADA 1300 X 400px
Actividades gl

Entrega de premios aos gañadores do concurso de postais de Nadal Fundación Celta – El Corte inglés

RC Celta

A Fundación Celta, en colaboración co El Corte Inglés, entregou esta mañá os galardóns do concurso de postais de Nadal 2020 no córner do RC Celta da planta de deportes do centro comercial. Unha iniciativa que se repite anualmente e que conta cunha gran aceptación a nivel de participación. Germán Arteta Director da Fundación Celta e de Lourdes  Pedrido, representante do departamento de comunicación e relacións institucionais de El Corte Inglés, foron os anfitrións. Na categoría A, entre 5 e 7 anos, a gañadora foi Martina Jácome Vilar. Alejandro Veites Freire foi seleccionado o mellor na categoría B, para os mozos entre 8 e 11 anos. A eles débese engadir Lucas Sanmartín Montoya, ao que se lle concedeu o premio de ser o mellor na categoría C, entre 12 e 14 anos.

Os participantes recibiron un cheque regalo do Corte Inglés e tamén un lote de agasallos con produtos do RC Celta.

 

Esta actividade é unha das numerosas que organiza a entidade viguesa durante estes días. Tamén fomenta o celtismo a través dos Clínic de Nadal e realiza campañas para recoller alimentos non perecedoiros e xoguetes no seu tradicional Celeste solidario.

RC Celta

Etiquetas

Actividades gl Eventos gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas