equipo-celta-juvenil-a-2019-2020-ok.jpg
A Canteira

A canteira do RC Celta sitúase entre as mellores de Europa

RC Celta

O RC Celta e a súa Fundación manteñen desde hai anos un ambicioso proxecto de canteira que esta tempada se está vendo especialmente reflectido no primeiro equipo, onde están presentes até once xogadores formados na Madroa. Tamén no filial hai un elevado número de xogadores forxados nas categorías inferiores do conxunto celeste.

O Centro Internacional de Estudos Deportivos (CIES) reflicte no seu último informe que a do RC Celta é a 15ª canteira máis produtiva do mundo en base aos xogadores formados no club que están a xogar actualmente nalgunha do cinco principais ligas.

No caso do club vigués, até 18 futbolistas canteiráns están presentes nalgún equipo destes campionatos, o que directamente converte á canteira celeste nunha das máis prolíficas do vello continente. Este obxectivo recoñecemento pon en valor o traballo que RC Celta e Fundación realizan desde hai anos na formación de futbolistas.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira

Noticias recomendadas