Con paso firme e sen deterse. O ilusionante proxecto de cidade deportiva do RC Celta continúa evolucionando e crecendo. O último fito para as modernas instalacións célticas foi o traslado do Celta B, que abandona A Madroa para comezar a traballar desde agora na “Cidade Deportiva Afouteza”.
Tras completar a súa primeira sesión no novo recinto baixo as ordes de Onésimo, os xogadores inmortalizaron este histórico día cunha foto de equipo fronte ao edificio principal. RC Celta e Celta B xa conviven nunha cidade deportiva que supón un incrible logro e chamado a converterse en emblema e orgullo para o club, os seus equipos e a afección celeste.