ESCUDO-1300x400-01
Fundación

A Fundación Celta difunde a metodoloxía de canteira celeste en Libia

RC Celta

O RC Celta continúa expandindo as súas fronteiras da man da Fundación Celta. Marcos Alonso e Diego Giménez, técnicos de Celta Academy, desprazáronse a Trípoli, capital de Libia, para desenvolver unha formación con técnicos locais nun evento organizado coa colaboración de Kali Sports Investment e a academia Forsan Elmotawaset.

Durante tres días, máis de 70 técnicos chegados de diferentes puntos do país tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a metodoloxía de fútbol base do RC Celta. A formación incluíu distintos aspectos chave do adestramento, as liñas mestras da metodoloxía do club ou a educación en valores, entre outros.

Ademais da formación académica, tamén se realizou unha xornada no terreo de xogo, unha sesión práctica de casa catro horas onde se contou coa colaboración dos mozos da academia Forsan Elmotawaset, que serviron de xogadores para desenvolver diferentes tipos de tarefas expostas tanto polos técnicos celestes como polos asistentes á formación.

A visita dos técnicos de Celta Academy tamén incluíu diferentes visitas a clubs de elite, a Federación de Fútbol de Libia e a embaixada española en Trípoli.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas