FIRMA ACUERDO NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Escolas

A Fundación Celta e Canadian Academy of Fútbol unen forzas para levar a metodoloxía RC Celta a Canadá

RC Celta

A Fundación Celta e Canadian Academy of Fútbol acaban de formalizar un acordo formalizado polo seu presidente Ram Mustafa. Este convenio ten como obxectivo principal a organización e execución de programas de fútbol en todo o país, incluíndo campus, clínics e formacións.

Esta alianza entre ambas as institucións permitirá aos xogadores canadenses ter acceso a experiencias únicas no RC Celta. Os participantes dos programas terán a oportunidade de viaxar a Vigo e formar parte de actividades e eventos exclusivos.

A Fundación Celta -recoñecida internacionalmente polo seu traballo na promoción. e o desenvolvemento do fútbol-, considera esta colaboración como un paso importante para fortalecer lazos entre ambos os paises e fomentar o intercambio cultural a través do deporte.

A Fundación Celta e Canadian Academy of Fútbol traballarán xuntas para implementar programas de fútbol en Canadá, asegurando que os xogadores teñan acceso a recursos de calidade e formación de alto nivel. Esta colaboración busca potenciar o talento futbolístico canadense e establecer pontes entre ambas as nacións a través da paixón polo fútbol.

RC Celta

Etiquetas

Clínica gl Escolas Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas