FirmaMarel Management FOTO HORIZONTAL 378 X 250 PX
Fundación

A Fundación Celta firma un acordo de colaboración coa empresa Marel Management

RC Celta

A Fundación Celta asinou un convenio de colaboración coa empresa Marel Management a través do cal aparecerá como socio do evento The showcase Madrid 2023 que se celebrará durante o mes de febreiro na Cidade do Fútbol da Real Federación Española de Fútbol no concello das Rozas.

Sobre de The Showcase

O Showcase é a maior oportunidade a nivel mundial para aqueles que queiran ser futbolistas profesionais e que terán a oportunidade de demostrar as súas habilidades nun evento dunha semana de duración no que participarán sete clubs profesionais españois -entre eles o RC Celta- que enviarán dous scouts. cada un deles observará aos xogadores dentro e fóra do campo para seleccionar polo menos un xogador para incorporar ao equipo respectivo.

Á sinatura, celebrada no Salón Regio, contou coa presenza de Germán Arteta, director da Fundación Celta, Diego García Sarabia, coordinador deportivo da Fundación Celta, Marc Bautista, CEO de Marel Management e Sharif Higazy, presidente de Ocean Pulser.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas