A axencia de futbolistas Promoesport, en colaboración coa Fundación Celta e a Federación Galega de Fútbol (Futgal), impulsou unha campaña para promover o coñecemento e expansión das Licenzas federativas PDA (Persoa Discapacitada Autorizada). Ditas licenzas foron impulsadas de xeito pioneiro pola Futgal e permiten a nenos e nenas con discapacidade competir nunha categoría inferior á súa, un feito que benecia ao seu desenvolvemento e integración social.
A campaña, que ten como embaixador ao futbolista do RC Celta Iago Aspas, representado de Promoesport, ten a súa orixe no caso de Álex, un mozo xogador da AD Montecastelo. Trátase dun neno galego que logrou ser o primeiro e ata agora único beneficiado da Licenza PDA en toda España. Isto logrouse grazas á insistencia do seu equipo, que fixo a solicitude á Futgal. Tras meses de conversacións, a Futgal logrou a autorización da Federación Española de Fútbol para crear este tipo de licenza por primeira vez en toda España.
O obxectivo da iniciativa é dar visibilidade da existencia destas Licenzas, ata agora descoñecidas por moitas familias galegas, para que poidan beneficiarse delas. E, ademais, Promoesport fixo unha donación especial e habilitou unha plataforma para recaudar fondos, www.gofundme.com/f/licencias-pda, que serán doados á Federación Galega de Fútbol para axudar a aqueles clubs que teñan Licenzas PDA.
Está demostrado que o deporte aporta beneficios á saúde das persoas discapacitadas como diminuír o estrés, mellorar as habilidades motoras ou mellorar as súas relacións sociais, entre moitos outros. A campaña pretende que non sexa unha iniciativa que só se quede en Galicia, senón que sirva para que o resto de Federacións autonómicas e doutros deportes póidanse unir á creación das Licenzas PDA nas súas reglamentos.