IMG-20190204-WA0018-1.jpg
Fundación

A Fundación Celta recibiu a visita de rapaces da escola de USA

RC Celta

Desde o pasado 19 de xaneiro, e ata o sábado 2 de febreiro a Fundación Celta ha recibido a visita de 8 mozos da nosa escola de Philadelphia ( RC Celta USA).

Dos 8 mozos, 5 deles (Daniel, Jayden, Anthony, Nacho e Tristan) adestraron cos seus equipos de categorías inferiores correspondentes. Os outros 3 (Félix, Francis e R. J.) formáronse baixo a metodoloxía da canteira, para seguir progresando na súa formación como técnicos na escola, onde compaxinan rol de xogadores e de adestradores nos equipos dos máis pequenos.

Durante estas dúas semanas, aproveitaron a estancia para visitar A Sede e o estadio de Balaídos, ademais de coñecer diferentes puntos turísticos da cidade. Tiveron tempo de coñecer aos xogadores do primeiro equipo e de sacarse fotos con eles e firma de autógrafos.

Sen dúbida unha gran experiencia para estes mozos, e para nós unha gran satisfacción o recibir por vez primeira aos integrantes da nosa primeira escola en USA.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas