
O Celta Fortuna sufriu ante un CD Castelló chamado a pelexar polo ascenso, pero volveu demostrar que se está adaptando a Segunda División a pasos axigantados. A primeira metade foi complicada para o filial, superado pola presión, o ritmo e a maior contundencia dun rival que chegou ao descanso con vantaxe.
Tras o paso por vestiarios, o conxunto de Fredi Álvarez deu un paso adiante. Máis agresivo e vertical, empezou a atopar espazos e a xerar ocasións. O 0-2 non freou a reacción e Óscar Marcos recortou distancias tras unha magnífica asistencia de Hugo Cuenca.
Co 1-2, o Celta Fortuna creu na remontada. Bernard Somuah estrelou un balón no traveseiro e Ángel Davila, no día da súa estrea, rozou tamén o empate. Esta vez a épica non tivo premio, pero o equipo volveu competir ata o último segundo.
A próxima cita no calendario enfrontará ao conxunto celeste ao AD Ceuta o sábado, 5 de setembro ás 18:30h., no Estadio Alfonso Murube.
FICHA TÉCNICA:
1 – Celta Fortuna: Coke; Quique Ribes, Pablo Meixús (Kibet, min. 46), Anxo; Milla, Andrés Antañón (Hugo Burcio, min. 46), Capdevila (Hugo Cuenca, min. 64), Joel López; Óscar Marcos (Ángel Davila, min. 81), Álvaro Marín (Bernard Somuah, min. 64) e Ángel Arcos.
2 – CD Castellón: Matthys; Mellot, Alberto, Sienra, Córdoba (Sánchez, min. 64); Nieto (Lucas, min. 64), Álvaro, Barri (Gala, min. 64), Castillo; Pablo (Rodri, min. 80) e Camara.
Goles: 0-1, min. 8: Fran Castillo. 0-2, min. 47: Pablo Santiago. 1,2 min. 79: Óscar Marcos.
Árbitro: Olatz Rivera (Comité Vasco). Por parte do Celta Fortuna, recibiu cartolina amarela Joel López. Mentres que, por parte do CD Castelló, foron apercibidos Camara, Álvaro e Fran Castillo.
Incidencias: Partido correspondente á Xornada 3 de LaLiga Hypermotion disputado en Abanca Balaídos ante 5.326 espectadores.