visita hospital 211220
Fundación

A visita máis ilusionante do RC Celta e a Fundación

RC Celta

O RC Celta e a Fundación gozaron hoxe dun dos eventos máis gratificantes e ilusionantes do ano. Unha comitiva celeste acudiu ao Hospital Álvaro Cunqueiro para realizar a tradicional visita navideña aos nenos ingresados no centro hospitalario, nesta ocasión marcada polos protocolos sanitarios derivados da pandemia.

O vicepresidente celeste, Ricardo Barros, o director da Fundación Celta, Germán Arteta e os xogadores Sergio e Santi Mina levaron os habituais presentes celestes para os pequenos da planta de Pediatría, cuxa ilusión e alegría é sempre o mellor regalo que o club e a Fundación poden recibir nestas datas tan especiais. Os representantes do RC Celta foron recibidos na Escola do Hospital polo gerente do área sanitaria de Vigo, Javier Puente.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación

Noticias recomendadas