O Celta B non coñecía a derrota desde principios de decembro, cando caeu derrotado ante a SD Compostela en Barreiro. Foron seis partidos consecutivos sumando e mostrando un nivel sobresaliente, pero a incrible xeira dos de Onésimo non puido estenderse ante o Salamanca.
Poucas ocasións na primeira metade. Ambos equipos tentaron facerse co control pero non resultou posible. Ocasións illadas para os celestes con Lautaro e Soni de protagonistas.
A segunda parte arrincou cun Celta B mostrando intencións para levar o partido pero nunha ocasión con fallos defensivos chegou o gol para o Salamanca. O Celta B tentou cambiar o signo do partido cos cambios pero non entrou o balón en numerosas ocasións. O equipo salmantino finiquitou o encontro nunha contra.
FICHA TÉCNICA
0 – RC Celta B : Sequeira, Carreira (Miguel, min 69), Lucas, Ferrares, Pampin, Losada, Markel, Bruninho (Solís, min 58), Lautaro (Manu Justo, min 58), Soni (Josipovic, min 58), Barri (Alfon, min 69).
2 – Salamanca : Benítez, Ayala, Candelas, Molina, Llórente, Amaro, Ernesto (Camacho, min 29 ), Casado, Navas, Chávez (Uxio, min 73), Arroyo.
Goles: 0-1 Llórente min 51, 0-2 Camacho min 78.
Árbitro: Fernando Bueno Prieto. Amonestou a Ivan Casado (Salamanca).
Campo: Barreiro, sen espectadores.