miguel rodriguez ferrol celta 240221
Celta b

Derrota celeste na Malata (2-0)

RC Celta

O Celta B caeu derrotado no partido ante o Racing Club de Ferrol na Malata, correspondente á xornada 11 aprazada. Os de Onésimo encaixaron o primeiro tanto moi pronto, no minuto 9, nun rexeite do gardameta celeste que aproveitou o ex céltico David Rodríguez para adiantar ao Racing no marcador. O conxunto departamental, que atravesa unha moi boa serie, foi dono dun primeiro tempo no que o Celta B non logrou carburar.

Aos 30 minutos de partido chegou o segundo gol local, de novo obra de David Rodríguez. Pouco despois os vigueses reclamarían un penalti por un empuxón a Manu Justo na área rival, pero o colexiado non o considerou sancionable. Tras o descanso o Celta B saíu con forzas renovadas e con máis protagonismo. O filial celeste encadeou varias aproximacións, aínda que sen lograr finalizalas, e o segundo tempo avanzou nunha situación de igualdade de forzas. O conxunto olívico pelexou até o final pero nesta ocasión o esforzo non obtivo premio.

O Celta B, que suma dúas derrotas consecutivas, visitará na próxima xornada á SD Compostela co obxectivo de non descolgarse dos primeiros postos da táboa. Tras o duelo en Santiago tan só restarán outras dúas xornadas decisivas: Deportivo e Coruxo.

 

FICHA TÉCNICA

2-Racing Club Ferrol: Diego Rivas; Diego Seoane, Pumar, Fornos, Elsinho, Quintana, Peñaloza (Juan, min. 91), Beltran, David Rodríguez (Dani Nieto, min. 65), Caballé (Dani Abalo, min. 91) e Joselu (Nathan, min. 74).

0-Celta B: Sequeira; Lucas, Ferrares, Pampín, Alfon, Manu Justo (Lautaro, min. 66), Solís (Miguel, min. 56), Markel, Bruninho (Losada, min. 56), Kevin (Josipovic, min. 66) e Barri (Sergio Carreira, min. 46).

Goles: 1-0, min. 9: David Rodríguez; 2-0, min. 30: David Rodríguez.

Árbitro: Alberto González Hernández (comité castelán leonés). Amarela ao local Fer Beltrán e aos celestes Manu Justo, Bruninho e Markel.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas