Desde a Fundación Celta, a través das Escolas de Fútbol, ofrecemos a oportunidade de que calquera neno/nena poida practicar fútbol seguindo a metodoloxía de adestramento do RC Celta, para satisfacer diferentes necesidades. Unha maneira máis de formar parte da familia celeste e de sentirse celtista.
Para iso ofértanse os seguintes tipos de escola de fútbol:
– ESCOLA DE INICIACIÓN-MIUDIÑOS. Para nenos/as de 4-5 anos, que lles gusta o fútbol e queren empezar a practicalo: con posibilidade de competición amigable. Na Madroa (luns e xoves) e en CAMPO FEDERATIVO DE COIA (martes e xoves).
– ESCOLA DE APRENDIZAXE-CELTA ACADEMY. Para nenos/as entre 6 e 13 anos, que non están federados en ningún club de fútbol e queren participar nun completo programa de aprendizaxe en fútbol: con posibilidade de competición federada. Na Madroa (de luns a venres) e en CAMPO FEDERATIVO DE COIA (martes e xoves).
– ESCOLA DE PORTEIROS SERGIO ÁLVAREZ. Se che gusta ser porteiro e desexas iniciarte en adestramentos específicos, ou xa es porteiro federado e necesitas adestramento de reforzo, esperámosche na Madroa, os luns, martes e mércores. Para nenos/as entre 6 e 15 anos.
– ESCOLA DE TECNIFICACIÓN. Para nenos/as entre 6 e 15 anos, federados nalgún club de fútbol e que desexan mellorar as súas habilidades técnicas e psicomotrices. Na Madroa (de luns a venres), CAMBADOS (luns), MARCON-PONTEVEDRA (lunes), CALDAS DE REIS (mercores), CONCELLO DE TEO (martes) e MOAÑA (venres).
– ESCOLA DE PERFECCIONAMENTO. Se es xogador infantil/cadete federado e necesitas adestramentos individualizados para perfeccionar as túas calidades técnico-tácticas, na Madroa de luns a venres.
Para aqueles que non estean federados noutros clubs, as nosas diferentes escolas brindan a posibilidade de xogar competición federada cada fin de semana desde a categoría prebenjamín ata a categoría infantil: as prazas son limitadas.
Todas as escolas teñen carácter mixto, por tanto calquera nena pode participar por igual de calquera das nosas escolas de futbol, sendo o primeiro contacto co RC Celta no proceso de formación para ter posibilidades de alcanzar As Celtas.
Os adestramentos comezarán a partir do luns 2 de setembro e o prazo de inscrición xa está aberto con prazas limitadas, co cal é importante inscribirse canto antes para garantir a praza.
Para obter información máis detallada e realizar solicitude de inscrición, podes acceder á nosa web AQUÍ.