16-9 (1)
Fundación

Aberto o prazo de inscrición para a VIII Invasión Celeste by Profand

RC Celta

A Fundación Celta anuncia a apertura do prazo de inscricións para a VIII Invasión Celeste by Profand, a esperada carreira popular que se celebrará o próximo 23 de marzo. Este evento, consolidado como unha auténtica festa do celtismo, combina deporte, familia e solidariedade nunha xornada chea de emoción. En consonancia cos valores da Fundación Celta e o seu patrocinador principal, Profand, os rexistrados que queira terán a opción de doar a cantidade que cada un considere a DisCamino, comprometéndose Profand a poñer o mesmo importe recadado.

A carreira contará con diferentes distancias e modalidades para todas as idades:

– 50 metros (nenos/as de 3 a 6 anos): 2€
– 1 km (nenos/as de 7 a 14 anos): 5€
– 5 km e 10 km: 10€ ata o 9 de marzo ás 23:59h e 12€ do 10 de marzo a data límite de inscripción (18 de marzo ás 23:59h).

Máis información e condicións AQUÍ.

Non te perdas a VIII Invasión Celeste by Profand e goza desta festa do deporte e do celtismo.

Esperámosvos!

RC Celta

Etiquetas

Eventos gl Fundación

Noticias recomendadas