XFANS NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Fundación

Acordo entre Fundación Celta e XFans

RC Celta
A Fundación Celta pechou un acordo coas empresas XFANS Internacional e OCLC Sport Agency a través do cal organizarán conxuntamente varios drafts de fútbol en diferentes cidades de Venezuela.
O acordo -rubricado por ambas as partes no Salón Rexio da Sede do RC Celta- ten como obxectivo de incrementar a percepción do RC Celta como club de alto prestixio a nivel internacional e referente na formación de xogadores, os drafts servirán tamén como vehículo encargado de difundir a metodoloxía do club no continente americano. Estes eventos deportivos, servirán para detectar novos talentos locais, e están programados para o próximo mes de marzo, nas cidades de Porto Ordaz, Porto a cruz e Caracas.
Na imaxe, de esquerda a dereita: Marcos Alonso (Fundación Celta), Delcio Roberto Pires (Xeral ManagXFans), Germán Arteta (Fundación Celta), Marcos Trueba (XFans) e Diego Sarabia (Fundación Celta).
RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas