20220918_Partido_ADCeutaFCVsCeltaB_3
Celta b

O Celta B logra ante a AD Ceuta FC a súa primeira vitoria da tempada (1-3)

RC Celta

O Celta B colleitou ante a AD Ceuta CF (1-3) o seu primeiro triunfo da tempada no partido correspondente á cuarta xornada de liga no grupo I de Primeira Federación disputado en Lomba Margarita. Os celestes, que se adiantaron no marcador na primeira parte, referendaron a súa vitoria con dous goles no segundo acto a pesar da igualada dos locais.

O partido comezaba cuns minutos de tenteo e sen un protagonista claro nun terreo de xogo moi irregular. Co paso dos minutos, o Celta B foi impoñendo o seu fútbol e, tras as chegadas de Iker e, por partida dobre, Miguel, e un disparo ao pau do Ceuta, Lautaro poñía por diante aos celestes ao fío do descanso.

Tras o paso por vestiarios, o Ceuta subiu unha marcha ao encontro e, a pesar de non ter ocasións excesivamente claras, lograba a igualada no ecuador do segundo tempo por medio de Ñito, que transformaba unha pena máxima desde os once metros.

A reacción celeste non se faría esperar e, apenas cinco minutos máis tarde, Lautaro volvía aparecer para facer o 1-2. Un Celta B que, con vento a favor, sentenciaba nos últimos minutos de tempo regulamentario por medio de Javi Gómez.

Tras esta victoria, o Celta B sitúase en décimo terceira posición con catro puntos e recibirá ao RC Deportivo de la Coruña en la quinta jornada.

FICHA TÉCNICA

1 – AD CEUTA CF: Leandro; Alain, Juan Gutiérrez (Pablo, min. 62), Lafarge (Lorenzo, min. 79), Carrasco, David Alfonso; Jota (Reina, min. 62), Samu Casais (Luismi, min. 79), Ñito; Pito Camacho, Liberto (Aisar, min. 62).

3 – RC CELTA B: Christian Joel; Carrique, Javi Domínguez, Sergio Barcia, Iván López (Yoel, min. 61), Medrano; Martín Calderón, Damián (San Bartolomé, min. 58); Miguel Rodríguez (Javi Gómez, min. 46), Lautaro (Pablo Durán, min. 80), Iker Losada (Hugo Álvarez, min. 80).

Goles: Lautaro (0-1, min. 44); Ñito, p. (1-1, min. 66); Lautaro (1-2, min. 72); Javi Gómez (1-3, min. 88).

Árbitro: Camacho Garrote, do colexio andaluz. Amonestou a Juan Gutiérrez, Aisar, Lafarge e Alain da AD Ceuta CF, e a Christian Joel e Lautaro, do Celta B.

Campo: Loma Margarita.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas