diego-alende-madroa-120718.jpg
A Canteira

Alende e Jacobo González únense á pretempada do primeiro equipo

RC Celta

A nómina de xogadores baixo a dirección de Antonio Mohamed, novo técnico celeste, aumenta coa incorporación de do futbolistas do filial. Diego Alende e Jacobo González uníronse este xoves aos adestramentos do primeiro persoal na Madroa.

Para o defensa central Diego Alende (Santiago de Compostela, 1997), esta é a cuarta ocasión en que participa nunha pretemporada co primeiro equipo, co que debutou en Primeira División na tempada 15/16. Pola súa banda, o extremo dereito Jacobo González (Madrid, 1997) foi unha das últimas incorporacións do RC Celta para a súa filial. Desta maneira, xa son catro os xogadores do Celta B que están a realizar a pretemporada baixo a tutela de Antonio Mohamed e o seu corpo técnico: Dennis Eckert, Víctor Pastrana, Diego Alende e Jacobo González.

A maiores e de maneira puntual, o porteiro Fran Vieites participou ata agora en dúas sesións e o defensa Manu Farrando na deste xoves.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas