16-9
Celta Fortuna

Antañón e Anxo levan a marca Feito na Madroa ao cumio de Europa

RC Celta

Andrés Antañón e Anxo Rodríguez proclamáronse campións de Europa sub-19 coa selección española tras impoñerse a Alemaña (2-0) na final disputada en Gales, un éxito que enche de orgullo a todo o celtismo e que confirma, unha vez máis, o valor da Canteira.

O título continental pon o broche de ouro a unha tempada inesquecible para ambos os canteiráns, protagonistas hai apenas unhas semanas do ascenso do Celta Fortuna a LaLiga Hypermotion. Un curso de crecemento, traballo e moitos éxitos que agora suma un novo capítulo coa conquista do campionato europeo.

Este logro tamén é un recoñecemento ao traballo diario que se realiza na Madroa, onde o desenvolvemento de xogadores vai da man dunha identidade propia e duns valores que os acompañan en cada etapa da súa formación. A presenza de dous canteiráns celestes no combinado campión de Europa reflicte o compromiso e a dedicación dunha xeración que segue facendo historia para alegría e orgullo de todo o celtismo.

Parabéns, campións!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta Fortuna

Noticias recomendadas