
O Celta Fortuna regresará este mércores ao traballo para dar comezo a unha tempada histórica. O conxunto dirixido por Fredi Álvarez iniciará a pretemporada 26/27 nas instalacións deportivas da Madroa, onde completará o seu primeiro adestramento a partir das 11.00 horas.
Os xogadores convocados para o arranque da pretemporada son: Coke Carrillo, Marcos González, Caio Barone, Izan Server, Seyni Ndiaye, Pablo Gavián, Pablo Meixús, Jan Oliveras, Quique Ribes, Adrià Capdevila, Kibet, Cristian Carro, Germain Milla, Ángel Davila, Bernard Somuah e Álvaro Marín.
A eles uniranse varios futbolistas en idade xuvenil: Iago Barreiros, Jorge Pérez, Noah Rodríguez, Mateo Sobral, Pedro Ildefonso, Raúl Chirveches, Diego Matute, Hugo López, David Sueiro e Saúl Cotado.
Pola súa banda, Andrés Antañón e Anxo Rodríguez aínda non estarán presentes ao contar con máis días libres tras proclamarse campións de Europa coa Sub-19 a pasada fin de semana.
Un pretemporada que contará cos seguintes partidos amigables:
· Celta Fortuna – Sporting de Gijón (Mércores, 22 de xullo ás 19h.) Instalacións deportivas de A Madroa
· CD Lugo – Celta Fortuna (Sábado, 25 de xullo ás 19h.) Campo Municipal de Pol – Lugo
· Celta Fortuna – SCU Torreense (Mércores, 29 de xullo ás 18h.) Instalacións deportivas de A Madroa
· Vizela FC – Celta Fortuna (sábado, 1 de agosto ás 18h.) Estadio do Vizela FC
· Celta Fortuna – Coruxo FC (sábado, 8 de agosto ás 11h.) Instalacións deportivas de A Madroa
· UD Ourense – Celta Fortuna (sábado, 8 de agosto ás 20h.) Estadio O Couto – Ourense
Coa vista posta nun curso para a historia, o Celta Fortuna comezará a preparar a súa estrea en Segunda División, previsto para o 15 de agosto ás 19.00 horas, fronte ao Cádiz CF no Estadio Novo Mirandilla. O filial celeste afronta así unha esixente pretemporada co obxectivo de chegar nas mellores condicións a unha campaña que marcará un novo capítulo na historia celeste.
