Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller (8M), a Real Federación Galega de Fútbol convidou aos clubs de fútbol a que unha muller relacionada co club realice o saque de honra durante os partidos como local. Este xesto busca visualizar e destacar o compromiso do fútbol coa loita pola igualdade, tanto na sociedade en xeral como no deporte en particular.
O noso club Celta Academy sumouse a esta iniciativa, levando a cabo o saque de honra en todos os partidos en casa. Olivia, como xogadora do propio Benxamín C, foi a encargada de facelo nese encontro. No partido do Benxamín A, o realizou Naia, xogadora do Prebenxamín A e irmá de Xian, o noso porteiro. Camila, adestradora auxiliar do Alevín A e xogadora do primeiro equipo de As Celtas, fixo o propio no partido do Alevín A. Por último, e representando a todas as nais, Patricia, a nai do noso prebenxamín Lorenzo, foi a encargada de realizar dito saque no Prebenxamín B.
Esta acción supón un simple xesto da aposta da nosa Escola de Fútbol RC Celta por unha maior presenza feminina nas nosas actividades anuais, como son os equipos federados Celta Academy mixtos, escola técnica e de aprendizaxe feminina, escola mixta de porteiros Sergio Álvarez mixta, futuras adestradoras de fútbol en formación, e os campus/clinics específicos femininos.
Animamos a todas as rapazas afeccionadas ao fútbol e ao RC Celta a que se unan á nosa Escola de Fútbol RC Celta, que ofrece diferentes oportunidades para todas elas.