CAMPUS FEMENINO imagen horizontal noticia web
Fundación

As modalidades femenina e de futevolei completan a oferta formativa do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2022

RC Celta

Ademais do I Campus de porteros Sergio Álvarez, que xa adiantamos en días anteriores, este verán teremos outras modalidades novas, ademais do habitual campus de verán que levamos a cabo normalmente.

Así teremos un campus de futevolei, un deporte en auxe sobre todo nestas épocas estivais e con gran relación co futbol, que permitirá que os nenos/as gocen tanto deste deporte como do fútbol nunha contorna tan marabillosa como é a praia de Samil. Para este campus contamos coa colaboración do Club Futevolei Vigo que nos introducirá neste deporte tan técnico e con aplicación ao fútbol. Semana do 1 ao 5 de agosto.

Doutra banda, nas nosas instalacións da Madroa fixaremos a semana do 4 ao 9 de xullo para realizar un campus específico feminino que nos permita poñer en valor a cada vez máis numerosa participación da nenas no fútbol.

RC Celta

Etiquetas

Campus gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas