CAMPUS SAN FRANCISCO NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Fundación

Celta Academy voa a San Francisco para iniciar o seu primeiro campus

RC Celta

A finais do pasado mes de decembro tivo lugar por primeira vez en San Francisco (USA) o campus Celta Academy organizado pola Fundación Celta en colaboración coa academia local Techfit Soccer.

Ao longo de cinco intensos días máis de 60 mozos e mozas entre os 10 e 15 anos coñeceron de preto a metodoloxía e os valores da nosa canteira da man dos técnicos Diego Santos e Eduardo Covelo (ambos os da área de metodoloxía do RC Celta). Sen dúbida unha semana cargada de experiencias e aprendizaxe.

Con esta actividade púxose o peche a un 2022 cheo de actividades de Celta Academy, realizando diferentes accións en países como Armenia, Uruguai, México, Venezuela, India, Sudáfrica, Xapón ou Estados Unidos entre outros.

A Fundación Celta continúa contribuíndo á expansión internacional do RC Celta a través deste tipo de accións e das súas academias internacionais.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas