ESCUDO-1300x400-02
Celta b

Valioso punto do Celta B no Nuevo Vivero ante o CD Badajoz (1-1)

RC Celta

Empate a domicilio (1-1) do Celta B na súa visita ao Nuevo Vivero no duelo ante o CD Badajoz correspondente á trixésimo sexta xornada de Liga no grupo I de Primera RFEF Footters. O filial celeste, que se adiantou no marcador, viu como os locais igualaban o encontro no tramo final de choque.

O Celta B, despois de resistir o asedio inicial do Badajoz, lograba adiantarse no marcador por medio de Miguel Rodríguez, que se adiantaba no marcador aproveitando un rexeite do gardameta local tras un disparo de Alfon.

Tras a continuación, o Badajoz envorcouse sobre a portería de Gaizka nunha segunda metade na que tanto o porteiro como a defensa celeste salvaron a igualada. Holsgrove, pola súa banda, protagonizaba a mellor ocasión visitante cun bo disparo desde fóra da área. Xa no tramo final do choque, o Badajoz materializou as súas ocasións por medio de Santamaría, que facía o 1-1 final.

Con este empate, o Celta B suma sesenta puntos e mantense na cuarta posición do grupo. Tras este encontro, o segundo equipo céltico recibirá ao Racing de Ferrol o vindeiro sábado 21 de maio ás 18:30 na trixésimo sétima xornada de Liga.

FICHA TÉCNICA

1 – CD BADAJOZ: Gonzalo Crettaz; Aitor Pascual, Pardo, Gorka Pérez, Josema (Jilmar Torres, min. 68); Adilson, Isi Gómez, Miguel Núñez (Truyols, min. 90), David Concha; Dani Aquino (Awudu, min. 90), Santamaría.

1 – RC CELTA B: Gaizka Campos; Carrique, Álex Martín, Javi Castro, Diego Pampín; Alfon (Cedric, min. 74), Carbonell, Holsgrove, Javi Gómez (Medrano, min. 63); Fabrício (Beitia, min. 84), Miguel Rodríguez (Lautaro, min. 74).

Goles: Miguel Rodríguez (0-1, min. 31); Santamaría (1-1, min. 80).

Árbitro: Tarraga Lajara, do colexio valenciano. Amonestou a Miguel Núñez, Isi Gómez, Josema, Pardo e Jilmar Torres, do CD Badajoz, e a Holsgrove e Álex Martín, do Celta B.

Campo: Estadio Nuevo Vivero.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas