O Celta B caeu derrotado (2-0) ante o CD Eldense na volta das semifinais do play-off de ascenso a Segunda División no Novo Pepico Amat. Un resultado que, a pesar do triunfo dos celestes por 3-2 na ida, deixa fóra aos dirixidos por Claudio Giráldez.
Unha primeira parte de moito respecto entre ambos os equipos, cunha igualdade que rompeu preto do descanso cun remate de Iker Losada por encima do traveseiro á saída de Vallejo. Os locais responderon acto seguido cun disparo de Cris Montes que se foi ao pau.
Tras a continuación, Christian Joel salvaba o 1-0 cunha espectacular parada, pero o gol acabaría chegando pouco despois tras un remate de Soberón. O Celta B tentou levantarse pero, a falta de vinte minutos para o final, Manu Nieto ampliaba a vantaxe local. O segundo equipo céltico envorcouse ao ataque en busca da prórroga nos minutos finais, pero o equipo alacantino puido manter a súa vantaxe.
Desta forma, o Celta B pon punto e final a unha tempada na que, tanto o equipo como a afección, poden estar moi orgullosos do traballo realizado por uns canteiráns que teñen todo o futuro por diante. Orgullo de Canteira!
FICHA TÉCNICA
2 – CD ELDENSE: Vallejo; Toni Abad, Carlos Hernández, Miguel Núñez (Pardo, min. 81), Diego González; Juanto (Jorquera, min. 62), Ortuño (Estacio, min. 90), Pedro Capó, Cris Montes (Clemente, min. 90); Manu Nieto, Soberón.
0 – RC CELTA B: Christian Joel; Carrique (Pablo Durán, min. 90), Javi Domínguez (Iván López, min. 62), Sergio Barcia, Medrano; San Bartolomé (Beitia, min. 75), Hugo Sotelo; Miguel Rodríguez, Iker Losada, Hugo Álvarez (Clemente Montes, min. 75); Lautaro (Manu Garrido, min. 75).
Goles: Soberón (1-0, min. 55); Manu Nieto (2-0, min. 69).
Árbitro: Palencia Caballero, do colexio vasco. Amonestou a Toni Abad, Soberón, Carnicer e Bernal, do CD Eldense, e a Sergio Barcia, Iván López e Christian Joel, do Celta B.
Campo: Nuevo Pepico Amat.